Powered by RND
PodcastsHistoriaFóra de Mapa
Escucha Fóra de Mapa en la aplicación
Escucha Fóra de Mapa en la aplicación
(6 012)(250 108)
Favoritos
Despertador
Sleep timer

Fóra de Mapa

Podcast Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa

Episodios disponibles

5 de 57
  • #Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste
    As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico. A solución temporal foi crear un estado novo baixo responsabilidade do Consello de Seguridade das Nacións Unidas: o Territorio Libre de Trieste, unha nova entidade independente que permitiu durante 7 anos manter unha tensa paz nese recuncho do Adriático.
    --------  
    15:47
  • #38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns.
    Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o Imperio austrohúngaro e Iugoslavia. Durante séculos ou milenios Eslovenia non tiña as mellores cartas pra converterse nun estado independente, pero a finais do século XX foi quen de mudar a súa historia.
    --------  
    1:16:19
  • #Petisco lixeiro. As burrneshas
    As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que as mulleres os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar manter a súa virxindade e celibato, cortar o pelo e vestir con roupas masculinas. Esta práctica foi esmorecendo durante o século XX e XXI, porén, nas montañas do norte de Albania aínda existen arredor dunhas 10 burrneshas, virxes xuramentadas que son recoñecidas socialmente como homes, e como tal gozan dos privilexios de seren as patriarcas das súas familias.
    --------  
    19:29
  • #Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka
    Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país. Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo vistos como unha minoría leal e exemplar, que ao longo da historia de Polonia e Lituania sempre participou nas loitas pola soberanía e independencia destas.
    --------  
    16:20
  • #Petisco lixeiro. Os valdenses
    Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses. Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contra eles lograron subsistir e manter a súa fe até hoxe.
    --------  
    16:35

Más podcasts de Historia

Acerca de Fóra de Mapa

O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
Sitio web del podcast

Escucha Fóra de Mapa, Documentales TV de la Historia y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es

  • Añadir radios y podcasts a favoritos
  • Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
  • Carplay & Android Auto compatible
  • Muchas otras funciones de la app
Aplicaciones
Redes sociales
v7.1.1 | © 2007-2025 radio.de GmbH
Generated: 1/9/2025 - 2:26:38 AM