Neste capítulo de Ondas Indies temos como convidada á berciana afincada en Vigo, Carla Lourdes. A ponferradina presenta o seu primeiro longa duración que vai estrear en diferentes salas galegas. Como Disco da Semana Ari Magritte escolleu o último da banda cedeiresa Los Eternos. No Caixón de Xastre Paco Lamilla traenos a Acouga, os de Pazos de Borbén coa colaboración de Grande Amore, e tamén aos portugueses de Braga, Travo. Ademais, como novidade presentamos “El norte”, o novo de Eladio Santos, que nesta peza conta coa colaboración de Vega ademáis de os seus Seres Queridos. Tamén presentamos “A costa Alentexana”, de Anxo Araújo e “María”, de Galician Army con Jordana B.
--------
1:00:00
Grande Amore chega ao volume III
Convidamos ao programa a Nuno Pico, o líder de Grande Amore. A banda acaba de sacar disco, “III”. Escoitamos o novo de Mondra e de Xian Pais con 9Louro . E no disco da semana, Ari Magritte pica o último de Zavala con Ferror Récords.
--------
1:00:00
Cos Eternos en San Antonio
A convidada do programa é a banda cedeiresa Los Eternos que vén de publicar o seu último traballo, ”San Antonio”. Escoitamos un feixe de novidades musicais: “Xoubas”, o novo de Pablo Leira; “Páramo”, de Carlos Ares; a versión de Triángulo de Amor Bizarro de "La caja del diablo" de Los Planetas; e “Arderse”, a terceira entrega das catro que van publicar Fillas de Cassandra, nesta ocasion xunto a Caamaño&Ameixeiras. Ademáis, Ari Magritte estivo con U-lo Indie no concerto de Morgan en Vigo.
--------
1:00:00
Entramos no "Hotel Morgan"
Na véspera da actuación en Vigo da banda madrileña Morgan falamos con Nina de Juan, a súa cantante, que nos presenta o seu último disco "Hotel Morgan". Na sección O Disco da Semana, Ari Magritte debulla o último traballo da banda carballesa Chicharrón. Ademáis, como novidades musicais escoitamos “Quebrantarse”, a segunda entrega das catro que van publicar Fillas de Cassandra nas próximas semanas, e “Hola y adiós” un avance do que será o novo disco de Ángela Pardal.
--------
1:00:00
De feira con De Ninghures
O capítulo 226 de Ondas Indies ten como convidadas Aldara Palmeiro e Marta Álvarez, compoñentes de De Ninghures, que veñen de publicar o seu segundo disco, "Feira". Ademais na sección "O Disco da Semana"Ari Magritte fala do primeiro traballo do moañés Montedapena. Como novidades musicais traemos “Hibernarse”, o primeiro fascículo dos catro que van publicar Fillas de Cassandra nas próximas semanas, e o segundo adianto do que será o novo disco do vigués French Riviera, “Sábado noite”
Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.